jueves, 15 de septiembre de 2011

Cecilio Africano (404 d.c. - 434)


Vates,ut plebeior


O poeta,
Como o máis vulgar dos cidadáns,
Vale o que as súas palabras pesan.




Raúl Gómez Pato 
Verba quae supersunt



miércoles, 14 de septiembre de 2011

Pseudocatón (fin.do s.III d.c.)

Multa legas facito


Deberás ler moito
Do que inventa o poeta
(E esquecelo todo).

Raúl Gómez Pato
Verba quae supersunt


Rio Limia-Rio do Esquecemento(Galiza)



lunes, 12 de septiembre de 2011

Cecilio (¿? - 166 a.c.)
Placere occepit grauiter


Éche ben certo


Que as imaxes,os recordos,


As furtivas visións do que nos foi concedido,


Sen sabelo ou a ciencia certa,


Deposítanse como unha dura laxe


Dentro dos ventrículos,


Cando algúen parte da nosa casa,sen avisar.


Éche ben certo:


Empeceina a amar con tolemia despois de que morrese,


A vida.




Raúl Gómez Pato 
Verba quae supersunt

Busca sin ser visto...