sábado, 29 de octubre de 2011

¿Que teñen que ver o Entroido e o Teatro?

En Atenas no ano 534 a.C ,Trigistatoegel quere que veña maís xente as festas Dionisiacas que se celebran na sua cidade en honor a Dioniso,o deus da agricultura e do viño,na que se celebra o cambio de estación,enton dille a Tespis que invente algo. Él ten a idea de engadir aos sacrificios doce homes  que bailan e cantan ao redor do altar con mascaras e cornos de cabra; polo cal o pobo chamaraos "traxedias":que ven do grego "tragos" que significa cornos de cabra e"odas" que quere dicir himnos.Tespis quixo enfrontarse ao coro entons ocurreuselle a idea de trasladar as desgrazas do día a día ao que se lle denominaría "teatro". El foi o primeiro actor,chamado "hipocrita",que ven de "hipo" que significa mascara, e de "crites" que significa responder.Fai ou papel de deus ou heroe en contraposición co coro,que ten o papel de pobo.Ao publico gustaballe porque representaba o que sentían día a día.O rei estaba moi contento coa iniciativa enton mandou recoller as mellores historias escritas polos poetas e representalas;co que se logrou maior interese nas demais cidades.Naceu a traxedia grega.
A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" facendo referencia á preparación da primavera e do rexurdimento da vexetación como as festas Dionisiacas en Grecia.
Hai varias etimoloxías coma:”carnelevare” que significa “abandoar a carne”,outra maís popular “carnevale” que significa “carne vale” e outra sen fundamento “carrus navalis” que é unha carroza que sairía nesa época.
A  fins do século XX comezase a sospeitar a orixe pagá do nome:Carna é a deusa celta das fabas e do touciño.Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas,
dedicadas ao deus Karna .Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.
En  Galicia aínda se manteñen antigas festas pagas disfrazadas baixo festas de carnaval grazas a cristianización.Estes ao chegar mantiveron a tradición engadindo so novos significados como “todo o vale” durante o carnaval  pero logo toca agantar nos días de cuaresma.
Algunhas das tradicións maís destacabeis son os Cigarróns de Verín, que son personaxes enmarcarados e adornados,as Pantallas que amolan ós viandantes coas vexigas cheas de aire,os distintos Peliqueiros,coma en Laza, personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres.
Estes últimos poderían respostar a pregunta que nos atañe.Os Peliqueiros son moi semellanstes aos personaxes do coro que participaban nos rituais Dionisiacos e logo nas traxedias gregas,levan mascaras ambolosdous pero tamen existe unha relación coas festa Lupercais xa que as mascaras levan debuxos de lobos,raposos e cans.
En definitiva,o teatro eo carnaval están interconectados xa que, por diferentes influencias, durante un periodo longo de tempo,seguense celebrando os mesmos rituais e case cos mesmos significados.

ComoPezEnElAgua

jueves, 27 de octubre de 2011

O lóxico

Unha de dúas:
se é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquelo de que en todas partes
se cocen fabas.


Celso Emilio Ferreiro,Ceminterio privado



martes, 25 de octubre de 2011

O árbol


A morte é como un árbol

sementado con ún,e que nos nasce

ao tempo que nascemos,coa primeira

bágoa nosa nos ollos.

Un árbol que nos nasce á man esquerda

dun camiño longuísimo na noite.

Cando eu morra veréino,estóu seguro;

un árbol só,un árbol desfollado,

diante de min rubindo cara o ceo

coma unhas maus en rezo

ao fondo dunha chaira.

Un árbol só,un árbol

espido diante a  noite,

medrando,irá medrando,irá medrando

até ateigarme os ollos de formigas.


Celso Emilio Ferreiro,Longa noite de pedra

domingo, 16 de octubre de 2011


No sé muy bien como explicarlo asi que...echarle imaginación u.U 






Desvarios De Domingo    o Lunes De Madrugada

jueves, 13 de octubre de 2011

Meu avó dixo:
-Ide mirar
se o mar sobe ou baixa.
Contestáronlle:
-Vai en refluxo.
Meu avó dixo:
-É hora de irse.
A ciencia hoxe en día explica
dun xeito positivo
a influencia das mareas
no corazón dos homes.
Aínda así,o adeus é un extrano suceso.


Eva Veiga,Paisaxes do baleiro




Praia da  Illa do Santo,Pontevedra(Galicia)

martes, 11 de octubre de 2011

Los medios de comunicación y sus consecuencias en la actualidad

Unha das características máis destacabeis do noso século son os mass media ou medios de comunicación,a nivel global.
A información é actual e a tempo real a meirande parte.Axudanos  a saber o que ocorre no mundo e a crear a nosa opinión.
No ámbito político provoca que non exista tanta corrupción e acelera as súas actuacións, xa que, os cidadáns, somos os que eliximos os nosos gobernantes.
Tamen hai novas negativas que asustan e agonían a xente o coñecer que, feitos tan graves, teñen cabida hoxe en día.
A información debe estar separada da publicidade para que a xente non se confunda(Ley Xeral de Publicidade,1988).
A publicidade imita os valores e comportamentos da sociedade.
Os creativos de publicidade buscan mecanismo que representen a realidade e cargar obxetos de simbolismo.Presentanos apetecibeis a poboación grazas as recollidas de:modas,tendencias,hábitos,creenzas culturais...As dan a coñecer para ampliar o mercado.
Así e todo,seguen tengo en conta os xoves,fáciles de persuadir e manipular,mediante estereotipos en doses reducidas.
A influencia dos medios de comunicación promove transtornos alimenticios(bulimia,anorexia...) xa que a maíoria da xente que aparece nelas estan flacos ou moi flacos.Mostran o consumo de drogas:tabaco,alcohol,pastillas...como algo común e diario.
O consumismo foi levado ao extremo de que ,agora,incluso se venden emfermidades.As chamadas "seudoemfermidades".Mediante campañas informativas sanitarias,fundacións de emfermidades concretas anos antes de que saía a luz o medicamento,organizacións de congresos médicos...vaise introducindo entre nós esa emfermidade,que pode ser leve, e nos venden coma mortal.
O importante é gañar cartos aínda que sexa vendendo medicamentes como a "cura la timidez" ou "fobia social".
A xente confía nos profesionais sanitarios pero,moitos,non saben que estes teñen procentaxes coas empresas farmaceuticas.
Outras patoloxías poden ser os transtornos de sono,comportamentos violentos e transtornos de atención.Consecuencias dun uso prolongado e descontrolado dos mass media.
A solución non se nos plantexa dunha forma sinxela.Debemos ter en conta que vivímos nunha democracia e a liberdade de prensa e expresión son claves.Non podemos recurrir a censura e tampouco deixar que campen libremente.
Do que si podemos estar seguros e de que nos expoñemos voluntariamene os medios de comunicación ,cos seus pros e contras.

ComoPezEnElAgua



Coñezo un lugar-e non é lenda-
onde as noites
nas que a lúa empreña,
ós cans médralles o corazón
e ouvean.



Eva Veiga,Paisaxes do baleiro

lunes, 10 de octubre de 2011

Dixo:Voume.

E tralas súas palabras,
suspendido no aire,
quedou un silencio
que ía desfacéndose coma unha flor.



Eva Veiga,Paisaxes do baleiro

domingo, 9 de octubre de 2011


Quérote como o meu bisavó
levaba a boina,
altamente
e sempre na cabeza.




Raúl Gómez Pato,Choiva,vapor e velocidade

sábado, 8 de octubre de 2011

Tanto te escondiche,sol...


Tanto te escondiche,sol,
que a duras penas te vexo;
mais inda un raio che pido,
rei da luz,¡o derradeiro!,
pra que se rían os montes
e se alegren os penedos.


A.Noriega Varela




viernes, 7 de octubre de 2011

Miña cousiña

Cóntalle,miña cousiña,
Contiños tristes de fadas,
E de reinas encantadas
Nos castros,à ialma miña.

Fala,carrapucheiriña,
Das vilas asolagadas,
Onde hai mil lendas aladas
Nympheas de flor branquiña.

E,pra embala-las súas dores.
Cóntella os doces amores,
E o dorido suspirar.

Duns amantes ben queridos,
En dous pinos convertidos
Que se beixan ó luar...



Aquilino Iglesia Alvariño

Busca sin ser visto...