Mostrando entradas con la etiqueta Eva Veiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eva Veiga. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de octubre de 2011

Meu avó dixo:
-Ide mirar
se o mar sobe ou baixa.
Contestáronlle:
-Vai en refluxo.
Meu avó dixo:
-É hora de irse.
A ciencia hoxe en día explica
dun xeito positivo
a influencia das mareas
no corazón dos homes.
Aínda así,o adeus é un extrano suceso.


Eva Veiga,Paisaxes do baleiro




Praia da  Illa do Santo,Pontevedra(Galicia)

martes, 11 de octubre de 2011

Coñezo un lugar-e non é lenda-
onde as noites
nas que a lúa empreña,
ós cans médralles o corazón
e ouvean.



Eva Veiga,Paisaxes do baleiro

lunes, 10 de octubre de 2011

Dixo:Voume.

E tralas súas palabras,
suspendido no aire,
quedou un silencio
que ía desfacéndose coma unha flor.



Eva Veiga,Paisaxes do baleiro

Busca sin ser visto...