jueves, 9 de junio de 2011

Relato I


Dicen
que a vida é
unha estrela fugazzzzzz
que cruza o ceo
na noite.
            Celso  Emilio Ferreiro: Onde o mundo se chama Celanova


 O que vos vou contar ocorreu ala polos anos 80 cando eu aínda era un mozo co peito rebosante de ar.Non foi nun día especial,nin nun lugar especial pero ela si que era especial.Con so mirala quedei totalmente petrificado.A luz reflexaba nos seus ollos e voltaba a min coma un raio de saber.Era un triángulo  luminoso de  infinitos escintileos que me alumeou na escuridade.As veces esperto de noite preguntándome que era ela pero axiña me tranquilizo ao vela deitada rente a min.


ComoPezEnElAgua


















viernes, 3 de junio de 2011

O afiador

Paseniño
turra dél a roda,
reló silandeiro da sua vida.
Xuntos van
por camiños lamacentos
ulindo rosas e troviscos;
e polas ruas
sementadas de balbordo gris
e lóstregos e fume,
sementadas de nenos e paredes.

O mundo é longo.
Pode medirse
con rostros de mulleres
e coas raiolas de saudade
que se pousan
na folla dun coitelo.




Neira Vilas

Non

 Dixéronme que non,
a un lado i autro lado,
dixéronme que non
de banda a banda,
sólo me queda fiel ista door.
¿Prá ónde camiñarei sinón prá il?
¿Dediante de qué porta erguerei a miña voz?
En todas elas
dixéronme que non
e quedareime
afora,no arredor,
quedo,moi quedo,como un árbol
no que se pousa a chuvia mol.
De banda a banda,
dixéronme que non,
voume quedar esí,
prantado nun lameiro dun door
esmorecéndose,esvaécendose...
que hastra a door dime que non.






Antonio Tovar

jueves, 19 de mayo de 2011

Marihuana

A miña irmá botou unha semente de maría.
Saíu adiante vizosa e fidalga
entre honrados legumes,
e meu pai saudouna con orgullo.
-Non sei que carallo de planta é
pero mirade como medra-dicía á vecindade.
A maría resultou ser macho
e morreu sen gloria,
o día en que casan de branco as patacas.


Manuel Rivas(1957),Ningun cisne



martes, 17 de mayo de 2011



Acróstico
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.


Lois Pereiro(1958-1996).Poesía última de amor e enfermidade




lunes, 16 de mayo de 2011

Definición
Andar sobre a
lúa.
Roubala e que me roube.
 Ese é o sexo. 

Lupe Gómez (1972),Pornografía



Orgasm Series-Diego Beyró

domingo, 15 de mayo de 2011

LONGA NOITE DE PEDRA


No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.
CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.


Celso Emilio Ferreiro

Busca sin ser visto...