viernes, 10 de junio de 2011

Oración polos parvos



Señor Dios ten piedá dos probes parvos
que non sabemos ren de xeometría
i embobados na música celeste
esquecemos a fórmula
do binomio de Newton.
Imos andando a trancas e barrancas
adeprendendo as cousas tristemente
por iste mundo adiante que fixeches
en sete días só, según os libros.
Eu son un pouco parvo, ben comprendo.
Nunca poiden saber para qué sirven
moitas cousas escuras que consintes.
Humildemente quixen preguntar
preguntas pequeniñas coma seixos
sobre os grilos que cantan incansábeles
e os amores dos peixes,
pero sempre chegaban unhos homes
carregados de textos
e mazacotes grises sapientísimos,
con datas rigurosas, datos certos,
horríbelmente certos, abafantes.
Mais ninguén me decía dos paxaros,
dos cávados, das froles, e desas nubes
que pousaches, Señor, sobre o meu teito.
Perdóanos, Señor, tanta parveza
e tén piedade de nós, dos probes parvos
que andamos os camiños das estrelas
cos ollos alcendidos
na bebedeira tépeda das fábulas.
E cando chegue a hora do Xuicio
á túa veira lévanos cos nenos,
cos santos inocentes, cos velliños,
e déixanos seguir ollando ao ceo,
modelando no vento doces sonos,
como Ti fas, Señor, dende o Principio.



Celso Emilio Ferreiro,O soño sulagado



jueves, 9 de junio de 2011

Relato Medo


“O único que desexo para o meu enterro e non ser enterrado vivo”
Lord Chesterfield

-¡Benvidos a todos!Sentádevos…xa estamos todos?Logo,podemos dar comezo a reunión de hoxe.Recordemos que estamos aquí para compartir as nosas angustias,medos,problemas…hoxe tócache a ti,Adán,queres comezar?-dixo o moderador da xuntanza.
-Claro,teño un guión.-e buscou sen buscar nos recunchos do seu subconsciente a historia,a súa historia.-Se falásemos de enfermidades que tememos,todos pensariamos nun cancro,alzheimer,un ataque ao corazón…pero ninguén pensaría na catalepsia¿Por que?Sinxelo,poucos a  coñecen pero esta noite,vos,seredes uns privilexiados.-colle aire e prosigue.-Describireivos os síntomas para que os familiaricedes con eles:pel morada,cheiro desagradable,pulso imperceptible…Si,e o que parece:un vivo disfrazado de morto.-óllea o seu publico,esta espécante e nervioso.Un alma en pena ínstao a continuar:
-Adán,prosiga,polo que mais queira!
-Si,vou.Nalgunhas tribos americanas,a avoa da familia crava unha agulla no pé do morto e se ,o sangue e de cor violáceo ,e que padece catalepsia.Noutros lugares mais urbanizados,os encargados de incinerar os corpos seguen arrefriándose cos berros dos supostos mortos,sen poder facer nada mais que rezar un noso pai.E non vos pensedes que e broma por que pasa unhas 5´6 veces ao mes.-sorrí azorado ante as caras de desgusto do publico.-Os que non teñen a sorte de ser incinerados,son enterrados¿que e mellor?non entraremos en detalles de que clase de preparativos se lle da a un morto para que pareza mais vivo…outro dia será;os mais agraciados morreran por asfixia e os que non,de inanición e  dor,xa sexa polos osos rompidos polos “decoradores” ou pola terrible angustia de estar encerrados.Se todo isto parécevos cruel…aínda non rematei.-frega as mans con sarna.-¡queda o mellor!en certos lugares,o so esta formado por algún máxico composto que lle da ao cadáver a capacidade de momificarse¡Imaxinen que alegres estarían os exipcios se supesen ese pequeno truco!-ri acalorado.-esperen,esperen…algún de vostedes e delicado de estómago?Teña coidado co que vou dicir…cando atopan unha momia,nas moitas escavacións que se fan…onde creedes que van parar?-olla con maldade o publico e espétalles.-¡A un museo!-a cara do moderador era un poema pero,non dixo nada.-si,compañeiros,ese e o fin desas pobres almas en pena…e logo dirán que son Patrimonio da Humanidade.
-Sen mais miramentos,un consello e unha aclaración.O consello e que o voso seguro por defunción incluía un electroencefalograma,prova coa que se descubre se padeces ou non a enfermidade.A aclaración, non e unha broma e eu,aquí presente padezo esta enfermidade e non,nunca me enterraron vivo por agora.
-Bueno,Alán,magnifica historia.Espero que todos aprenderamos algo hoxe e comprendamos o problema do noso compañeiro.Rematamos asi a sesión de hoxe. Espérovos,sen falta,a sema que ven a misma hora.-aplausos-.

ComoPezEnElAgua

Busca sin ser visto...