domingo, 6 de noviembre de 2011

A pedra

Pídeme fillos,loba,
para atalos
ao longo atardecer da túa morte
interminável.
Pídeme fillos
pra o crime
da túa espada sempre victoriosa.
Dame en troques silencio,
dame cárcel
e medo.
Escuréceme o tempo,
impúdica candonga que te deches
á lúbrica paixón dos poderosos.
Pídeme fillos
brazos,
pernas,
ollos.
Amoléceme,
esmágame,
trípame.
Fai de min un escravo,
unha cousa que chore cinza.

Mais o meu corazón
non será nunca teu,
rameira sanguiñenta
vendida ao ouro
dos que mandan.


Celso Emilio Ferreiro,Longa noite de pedra



sábado, 5 de noviembre de 2011

-Xulia,vai coller algunhas galletas.Xa sabes,as que lle gustan ao teu pai para mollar no leite.
-As recheas de chocolate?
-Si oh,estou na charcutería.
Xulia recorre todos os corredores ata chegar a onde quería.Entra é,de súpeto,aparece un cartel:CHAN MOLLADO.
-Que ben,so faltaba que esbarase e rompese unha perna un dia antes de marchar da casa,perfecto.-pensou engurrando o nariz cun xesto de desagrado.
Non facia falla nin que o disexe:cachapun¡Caeu de costas perdendo o coñecemento entre as torradas e as magdalenas.
-Ouch,que dano nas costas.-ergueuse dolorida e camiñou ata as tan anxiadas galletas,iso si,volveu polo outro lado.
Ó dia seguinte,todo era un caos:as despedidas,as cousas esquecidas,os consellos,os papeleos…Pero Xulia,estaba contenta.Ela e máis Gael,conseguirano.Mudarianse a un pequeno piso ,no segundo andar,de Santiago.Ali,ambolos dous poderían estudar e…vivir!
El conducía o coche,era un bo dia.Pasaran catro anos e, as cousas, non ian ben.O hospital xa estaba preto.Pouco faltaba para saber o que xa sabía. Sería o seu fin.
Todo comezou un dia de festa,un sábado.Volvia soa a casa,Gael quedara estudando na casa por que tiña exames.Alguen a seguía dende que saira do bar,nembargantes,non se dera conta.O home, atacouna por atrás a arrastrouna ata unhas obras.Non tiña escapatoria.
E ali estaba ela hoxe,mirando cos seus propios ollos as provas que certificaban o feito:estaba embarazada.O seu  mozo puso cara de asco e berroulle:furfia,puxechesme os cornos con outro!
Xulia non daba crédito ao que oía.Ao pouco tempo,estaba soa, no pequeño piso de alquiler e embarazada.O seu mozo deixaraa ,a sua familia avergoñábase dela e os seus amigos tiñan mellores cousas que facer.
As facturas medraban ao ritmo do seu ventre.Non tiña cartos e non atopaba ningún traballo que puidese compaxinar cos estudos.
-Este é o meu fin-.pensaba mentres ollaba o xornal.
Moito tempo despois ,Xulia,esperaba a Manuel a que saíse da escola.
-Xa é todo un homiño.-pensaba mentres o veu correr onda o coche.
De camiño a casa,mentres el lle contaba o que fixera na clase,ela,recordou.Recordou o pasado.Cando comezaron as nauseas do embarazo,o duro traballo de limpiadora,as longas esperas no hospital,as burlas dos seus compañeiros de clase,a impotencia…todo iso esfumarase.Todo.Logrou sair adiante soa.Polo seu fillo.Por Manuel.
-Mama,estas ben?
-Qué?Si,fillo,si.Hoxe temos lentellas e fideos para comer.Apeteceche?
-Joo,eu quería pizza,mamaaa…
-A calar!Cómese o que eu diga.
-Hoxe teño clase de fútbol as sete e media.Vira buscarme o pai de Antón.
-Ben,non esquezas facer as tuas tarefas antes.
-Non tes que repetirmo cada dia,mama,eu ben sei o que teño que facer eo que non.Xa son grande dabondo!
-Seino,seino…e que,os nenos de hoxe en dia,sodes tan diferentes os da miña época…
De supeto,unha voz irrumpeu na mente de Xulia ,evadíndoa de todo o que a rodeaba.
-Esperta Xulia,esperta…-berraba a sua nai sacudindoa polos ombros con violencia.
Ela espertou cunha dor terrible na cabeza e as costas magulladas.Un corro de xente estaba ao seu redor,que vergoña,esbarara no chan.
-¿Canto tempo levo asi?
-Non sei,miña filla,estas ben?Xa chamamos a ambulancia..estan ao chegar.Doeche algo fatiña?Responde,anda..
-Non mama,so xaqueca e as costas…estou ben…onde esta Manuel?E ti,que fas aquí?Fai anos que nin nos vemos sequera…
-Quen é Manuel e que dis sobre..?,miña raiña,levaches un bo golpe,da que sí!
-Que dis…non entendo nada…nada do que pasou foi real..?
Os do 061 entraron correndo no supermercado buscando a acidentada no corredor das galletas.

ComoPezEnElAgua

martes, 1 de noviembre de 2011

Orixen e Evolución da comedia

É a comedia grega, ante todo un xénero de orixe incerta e do que aínda descoñecemos con exactitude o módo do seu nacemento.
A maior parte das fontes, coinciden en situar a súa orixe en espontaneos actos  festivos e populares, que tiñan lugar no teatro de Dioniso, situado ao sur da Acrópole ateniense, con motivo das Grandes Dionisias que se celebraban no més de marzo.
É posíble que as esceas de coro e os cortexos de bodá , sexan derivacións, ou evolucións lóxicas,de rituais practicados por coros que participaban nos eventos dionisacos enfrentandose entre eles: ou ben provocando e insultando ao público, facendo burla destes,ou propiciando a deuses en estado de embriaguez . Algo que é case indiscutible, é que nun primeiro momento predominaría a danza con motívos burlescos, incorporandose después a narración de feitos cómicos.
Atopamos confirmación da orixe méramente terreal, desinhibido,e contrario á seriedade do oficialmente solemne, en Aristóteles (Poética, 1449ª-b 1): segundo el as representacións de comedias, nun primeiro momento, corrian a cargo de quen quería facelo;polo xeral grupos de borrachos que seguían a un individuo,que os dirixía improvisando:estes podían ser portadores de mascaras,niveis e de falos rituais.Segundo a referencia, anteriormente citáda, nalgúns documentos, os megarenses atribúense a paternidade da comedia.
Convén, no entanto, citar a versión achega da orixe do devandito xénero que nos proporciona, nos capítulos IV, IXa e IXb Sobre a Comedia no Prolegómenos aos escólios de Aristófanes,onde se dá un oríxen similar ao anteriormente citado, pero que posiblemente, sexa aínda máis antigo, e a denominación que citou a continuación sexa escasa, sendo máis común a de komoidía.
Segundo Dübner, a raíz filológica situaríase no termo” Trygoidía”, deformación, aparentemente cómica , do termo “tragoidía” , baseada nas palabras “tryx”e en “trygé”.
Atopamos outra posible exégesis máis exacta do termo, e, ao parecer, mellor documentada: Relaciónase a comedia con “kóme”, aldea. A relación explícase por medio da presenza, nas aldeas,de individuos agraviados coa cidade de Atenas, que se achegaban de noite á cidade con intención de criticar a aquelas personalidades importantes, gritando polas rúas a súa denuncia.É unha orixe máis que probable xa que, trás os múltiples enfrontamentos entre as diversas pólis, e a polémica suscitada polo traslado do tesouro da confederación de Delos a Atenas, esta cidade gozaba de bastantesinimigos institucionais, e cidadáns descontentos co poder político, e é así,co descontento, onde historicamente xorde a burla espontanea que se institucionalíza, pasando a criticar a individuos con nomes e apelidos.Este costume pareceu ser de grán utilidade para a comunidade e pasou a denominarse “komoideín”, institucionalizándose para que esas queixas expuxésense publicamente no teatro ,nunhas determinadas féchas.
A evolución da comedia ten os seguintes puntos:Antigua,Media e Nova.
Orixen e Evolución da traxedia
Aínda que non todos os investigadores están de acordo, porque os datos só permiten moverse no terreo das hipóteses, hai unha opinión maioritaria que vincula o nacemento da traxedia co culto a Dioniso. Segundo esta teoría, a obra tráxica naceu como representación do sacrificio de Dioniso (Baco) e formaba parte do culto público. Os teatros debían edificarse nas inmediacións do templo do deus. Os actores e cantores eran considerados polos sacerdotes personaxes inviolables e sagrados. Para os antigos gregos, Dioniso era a divindade protectora da vida e símbolo do pracer, a dor e a resurrección. Durante a época da vendima cantábanse na súa honra a un tempo distintos himnos chamados “ditirambos”. Nos poboados e nas prazas, onde o público danzaba, 50 coreutas facían unha rolda ao redor do altar, mentres un solista cantaba o ditirambo. Representaban aos "homes cabróns" ou "sátiros" (seres mitológicos que tiñan corpo de home e pernas de cabra) que lamentaban o enterro do deus.
Primitivamente só se trataba dunha cerimonia mimética, pero co correr dos anos, as técnicas foron evolucionando e a maxia do disfrace enriqueceu a posta en escena. Cando os actores interrompían os seus queixumes para tomar alento, introducíase entre as estrofas o "só" dun recitante. A partir desta primeira innovación, xa non só se conmemoraba a paixón dun deus senón tamén todos os trazos da lenda.
As ofrendas do público consistían xeralmente nun macho cabrío, que era consagrado a Dioniso. Segundo a etimoloxía máis aceptada, a palabra "traxedia" ten moito que ver con este ritual. O nome deriva de "grolo día" (dos grego "grolos", que significa macho cabrío e de "oda", que significa canto).
O primeiro autor tráxico do que temos suficiente noticia foi Tespis, que triunfou no ano 536 a.C. no primeiro concurso tráxico instituido por Pisístrato para as Grandes Dionisiacas (festas que se celebraban durante os primeiros días de abril e que duraban 6 días). Tespis substituíu o pintarrajeo groseiro dos coreutas por unha máscara de xénero estucado. As máscaras representaban as faccións dos distintos personaxes. As máis primitivas estaban feitas de cortiza de árbore, logo de coiro forrado con tea e, finalmente, de madeira. A abertura da boca era grande e prolongada como un embude feito de cobre. Este formato contribuía a aumentar o volume da voz en escena. Os creadores destas máscaras eran verdadeiros artesáns
Coas innovacións que introduciu Tespis, a máscara grega deixou de lado o bestiario fabuloso e a traxedia adquiriu un tenor máis humano. A comezos do século V a.C. a traxedia xa se instalou como xénero dentro da literatura. As traxedias compúñanse en triloxías que se presentaban, xunto cun drama satírico, a concurso nos certames xa aludidos.
A evolución da traxedia ten os seguintes puntos: Canción do macho cabrío,Do ditirambo a drama,As primeiras traxedias,Esquilo: la codificación,A reforma de Sófocles e O realismo de Eurípides.

Esquilo
·         Obras con fondo relixioso.Os personaxes sofren do fado e están relacionados coas divindades.
·         Os héroes consegen a salvación a través da dor.
·         Obras espectaculares:figuras horripilantes,aparicións de mortos…
Sófocles
·         Obras con trazos moi humanos.
·         Personaxes caracterizados polas suas vacilacións, pulos, dúbidas, que os fai achegarse complexos.
·         Esplendor político e cultural da época.
Eurípides
·         Aspectos cotians e realistas da época.
·         A temática e variada: relación entre as persoas,situación da muller,o amor,a guerra…
·         Recursos literarios e linguaxe elaborada.

ComoPezEnElAgua

sábado, 29 de octubre de 2011

¿Que teñen que ver o Entroido e o Teatro?

En Atenas no ano 534 a.C ,Trigistatoegel quere que veña maís xente as festas Dionisiacas que se celebran na sua cidade en honor a Dioniso,o deus da agricultura e do viño,na que se celebra o cambio de estación,enton dille a Tespis que invente algo. Él ten a idea de engadir aos sacrificios doce homes  que bailan e cantan ao redor do altar con mascaras e cornos de cabra; polo cal o pobo chamaraos "traxedias":que ven do grego "tragos" que significa cornos de cabra e"odas" que quere dicir himnos.Tespis quixo enfrontarse ao coro entons ocurreuselle a idea de trasladar as desgrazas do día a día ao que se lle denominaría "teatro". El foi o primeiro actor,chamado "hipocrita",que ven de "hipo" que significa mascara, e de "crites" que significa responder.Fai ou papel de deus ou heroe en contraposición co coro,que ten o papel de pobo.Ao publico gustaballe porque representaba o que sentían día a día.O rei estaba moi contento coa iniciativa enton mandou recoller as mellores historias escritas polos poetas e representalas;co que se logrou maior interese nas demais cidades.Naceu a traxedia grega.
A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" facendo referencia á preparación da primavera e do rexurdimento da vexetación como as festas Dionisiacas en Grecia.
Hai varias etimoloxías coma:”carnelevare” que significa “abandoar a carne”,outra maís popular “carnevale” que significa “carne vale” e outra sen fundamento “carrus navalis” que é unha carroza que sairía nesa época.
A  fins do século XX comezase a sospeitar a orixe pagá do nome:Carna é a deusa celta das fabas e do touciño.Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas,
dedicadas ao deus Karna .Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.
En  Galicia aínda se manteñen antigas festas pagas disfrazadas baixo festas de carnaval grazas a cristianización.Estes ao chegar mantiveron a tradición engadindo so novos significados como “todo o vale” durante o carnaval  pero logo toca agantar nos días de cuaresma.
Algunhas das tradicións maís destacabeis son os Cigarróns de Verín, que son personaxes enmarcarados e adornados,as Pantallas que amolan ós viandantes coas vexigas cheas de aire,os distintos Peliqueiros,coma en Laza, personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres.
Estes últimos poderían respostar a pregunta que nos atañe.Os Peliqueiros son moi semellanstes aos personaxes do coro que participaban nos rituais Dionisiacos e logo nas traxedias gregas,levan mascaras ambolosdous pero tamen existe unha relación coas festa Lupercais xa que as mascaras levan debuxos de lobos,raposos e cans.
En definitiva,o teatro eo carnaval están interconectados xa que, por diferentes influencias, durante un periodo longo de tempo,seguense celebrando os mesmos rituais e case cos mesmos significados.

ComoPezEnElAgua

jueves, 27 de octubre de 2011

O lóxico

Unha de dúas:
se é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquelo de que en todas partes
se cocen fabas.


Celso Emilio Ferreiro,Ceminterio privado



martes, 25 de octubre de 2011

O árbol


A morte é como un árbol

sementado con ún,e que nos nasce

ao tempo que nascemos,coa primeira

bágoa nosa nos ollos.

Un árbol que nos nasce á man esquerda

dun camiño longuísimo na noite.

Cando eu morra veréino,estóu seguro;

un árbol só,un árbol desfollado,

diante de min rubindo cara o ceo

coma unhas maus en rezo

ao fondo dunha chaira.

Un árbol só,un árbol

espido diante a  noite,

medrando,irá medrando,irá medrando

até ateigarme os ollos de formigas.


Celso Emilio Ferreiro,Longa noite de pedra

domingo, 16 de octubre de 2011


No sé muy bien como explicarlo asi que...echarle imaginación u.U 






Desvarios De Domingo    o Lunes De Madrugada

jueves, 13 de octubre de 2011

Meu avó dixo:
-Ide mirar
se o mar sobe ou baixa.
Contestáronlle:
-Vai en refluxo.
Meu avó dixo:
-É hora de irse.
A ciencia hoxe en día explica
dun xeito positivo
a influencia das mareas
no corazón dos homes.
Aínda así,o adeus é un extrano suceso.


Eva Veiga,Paisaxes do baleiro




Praia da  Illa do Santo,Pontevedra(Galicia)

martes, 11 de octubre de 2011

Los medios de comunicación y sus consecuencias en la actualidad

Unha das características máis destacabeis do noso século son os mass media ou medios de comunicación,a nivel global.
A información é actual e a tempo real a meirande parte.Axudanos  a saber o que ocorre no mundo e a crear a nosa opinión.
No ámbito político provoca que non exista tanta corrupción e acelera as súas actuacións, xa que, os cidadáns, somos os que eliximos os nosos gobernantes.
Tamen hai novas negativas que asustan e agonían a xente o coñecer que, feitos tan graves, teñen cabida hoxe en día.
A información debe estar separada da publicidade para que a xente non se confunda(Ley Xeral de Publicidade,1988).
A publicidade imita os valores e comportamentos da sociedade.
Os creativos de publicidade buscan mecanismo que representen a realidade e cargar obxetos de simbolismo.Presentanos apetecibeis a poboación grazas as recollidas de:modas,tendencias,hábitos,creenzas culturais...As dan a coñecer para ampliar o mercado.
Así e todo,seguen tengo en conta os xoves,fáciles de persuadir e manipular,mediante estereotipos en doses reducidas.
A influencia dos medios de comunicación promove transtornos alimenticios(bulimia,anorexia...) xa que a maíoria da xente que aparece nelas estan flacos ou moi flacos.Mostran o consumo de drogas:tabaco,alcohol,pastillas...como algo común e diario.
O consumismo foi levado ao extremo de que ,agora,incluso se venden emfermidades.As chamadas "seudoemfermidades".Mediante campañas informativas sanitarias,fundacións de emfermidades concretas anos antes de que saía a luz o medicamento,organizacións de congresos médicos...vaise introducindo entre nós esa emfermidade,que pode ser leve, e nos venden coma mortal.
O importante é gañar cartos aínda que sexa vendendo medicamentes como a "cura la timidez" ou "fobia social".
A xente confía nos profesionais sanitarios pero,moitos,non saben que estes teñen procentaxes coas empresas farmaceuticas.
Outras patoloxías poden ser os transtornos de sono,comportamentos violentos e transtornos de atención.Consecuencias dun uso prolongado e descontrolado dos mass media.
A solución non se nos plantexa dunha forma sinxela.Debemos ter en conta que vivímos nunha democracia e a liberdade de prensa e expresión son claves.Non podemos recurrir a censura e tampouco deixar que campen libremente.
Do que si podemos estar seguros e de que nos expoñemos voluntariamene os medios de comunicación ,cos seus pros e contras.

ComoPezEnElAgua



Coñezo un lugar-e non é lenda-
onde as noites
nas que a lúa empreña,
ós cans médralles o corazón
e ouvean.



Eva Veiga,Paisaxes do baleiro

Busca sin ser visto...