viernes, 30 de diciembre de 2011

culpa e redención

"Si en este momento estás luchando con una tentación sexual,
tu inquietud es lo infinito que hay en ti,que aspira a algo mejor.
Supongo que mucha gente describiría tu inquietud como ver-
güenza victoriana,o turbación,o como algún tipo de represión,
pero desde un punto de vista espiritual puedo decirte que se tra-
ta simplemente de tu alma,cuyo objetivo es el de permanecer 
unida a la voluntad de Dios.Por ello,los que caen en la lujuria
experimentan inevitablemente una sensación de culpa o asco"
Madre Angélica

un dos meus amigos de catequese
confesoume un día o que lle pasaba:
depois de masturbarse
sempre facía un acto de contricción;
o problema era que ao rematalo
non podía evitar
facerse outra homenaxe...
e volta á contricción

levaba seis semanas
nese círculo vicioso...
aparvado polo día
atrapado pola noite

só o salvou da súa obsesión
unha catequista
sabiamente voluptuosa


Óliver Escobar,Apostasía

jueves, 29 de diciembre de 2011

Anxiño

miña mai cantábame sempre 
que había catro anxiños
gardando a miña cama

eu sentía calor e tenrura
e podía durmir en paz

...mais non por aquela multitude
nunha cama de noventa

senón por mor de mamá
que sempre estaba tras da porta

Óliver Escobar,Apostasía

martes, 20 de diciembre de 2011

da maldade inmanente do condón

"Si llaman retrógrada a la Iglesia
están llamando retrógrado a Cristo."
"A Cristo lo que le gusta
es que las cosas se hagan bien...
Como Dios manda."

Monseñor Gea Escolano

o noso bispo fixo hai pouco unhas declaracións:

o condón é unha ruleta rusa
o condón conduce á promiscuidade
o promiscuidade leva  á vida pecadora
o pecado alimenta o vicio
o vicio leva ao  SIDA
Ergo... o condón leva ao SIDA

Solución católica:a castidade

Conclusión:
o condón é unha arma de destrución masiva

Óliver Escobar,Apostasía


Ano 325:receita para fermentar unha ortodoxia

póñase nun caldeiro romano
ao lume manso dos séculos...

Mestura Base:

un monllo de imaxinarios doutras relixións
calendas e costumes de populares ritos pagáns
a deificación dun místico da tribo de David
catro evanxeos escollidos e entronizados
un escenario propicio ao cumprimento das profecías
unha versión malversada dunha evolución
un politburó dedicado a reunificar un imperio
unha amalgama de estrategas do marketing

Núcleo duro:

unha organización cunha misión suprema: permanecer
unha morea de tentáculos que reproduzcan o esquema 
unha aplicación implacábel do principio xerárquico
unha doutrina do control social destinada á replicación
unha abondosa ración de psicoloxía de masas
un brazo armado poderoso e sanguento
unha matriz social potentísima: o patriarcado

Salpementar todo con:
hipocrisía en po
xarope de pau
e un chisco de mala hostia

Remexer sen acougo
repetindo os salmos da intolerancia
Servir delegando no ceo e cuspindo sobre a terra
Convencer o consumidor de que todo se fai polo seu propio ben


Óliver Escobar,Apostasía

domingo, 18 de diciembre de 2011

pamelas e pirolas

"Neno,no Deus da infancia
que soubo encantar a túa inocencia" 
Mallarmé

encantábanos o Domingo de Ramos

era como se o bosque entrara na igrexa
como se unha selva nacera da pedra
para agochar as nosas miradas cómplices

entre as nenas era un tema
de pamelas
ou feitiñas pólas

mais entre os nenos era outra cousa:
se Nazairo levaba un ramallo de dous metros
o Trospi aparecía cunha árbore

tratábase de exhibir sen pudor
o ego varón de cada quen

Óliver Escobar,Apostasía

vésperas

"¿Que nos queda para despois do adeus?
Que máxica fórmula pronunciaremos 
cando ousemos tatuar a primeira ollada..."

Gustavo A.Lois Dosil

teríamos sete anos
foi na saída dun bautizo
véspera de Domingo de Ramos

mentres agardábamos
comezou a tréboada
e ficamos só ti e máis eu
entre a choiva
    de auga e caramelos
mirándonos e recollendo
o primeiro lóstrego lascivo

Óliver Escobar,Apostasía



se naceramos noutra época
mañá veriámos na fogueira
canda todas as meigas
que se colaron neste libro

a mentira e a verdade
son dous antídotos
envelenados

a ignorancia e o medo
arman a paz da servidume

a orixe é parte do futuro

este é un libro
contra os males do ollo

Queres queimarte canda nós?

Óliver Escobar,Apostasía(contraportada)


sábado, 17 de diciembre de 2011

Si no hay evolución a tiempo ,hay revolución con riesgo de violencia que conlleva.La diferencia entre evolución y  revolución es la "r" de responsabilidad.


Federico Mayor Zaragoza,Reacciona

jueves, 8 de diciembre de 2011

Xacobeo


que grande,Prisciliano

mil seiscentos anos morto
e o teu osario  segue a traballar
polos negocios da Cidade Santa.


Óliver Escobar,Apostasía


Cristo alucinado

"Había terra neles e cavaban"
Paul Celan

coñécemolo no Mundo Celta de Ortigueira

gustáballe falar miudiño
administraba as palabras
con esa precisión de reloxo
dos que fan de cada verba
un agasallo inesquecíbel

sentados en círculo
ensinounos a fumar da terra
e escoitar as linguaxes
dos nosos elementos
a observar o firmamento até vernos 
somos po de estrelas,dicía

chamábase Christopher
e nacera en Thunder Bay
mudou de vida despois dun Woodstock
onde mantivo un diálogo de cinco días
cun cristo alucinado

desde entón botouse ao camiño
cunha soa idea:falar coa xente
cremos que deu cinco voltas ao mundo
mais non as contaba:sempre vivín no mesmo lugar,dicía
e aseguraba ter pasado por Macondo

hai tres días que morreu
centenario
como un carballo andante

semellaba que no seu corpo
a vellez e a infancia
estaban a tocarse
coas puntas dos dedos

un círculo fabuloso:a vida
unha odisea única:agora

as persoas viven para sempre na memoria
o olvido é o asasino da eternidade,dicías

así que velaquí estás,Cristopher,
como che prometín
ao terceiro día
resucitado.

Óliver Escobar,Apostasía

Busca sin ser visto...