miércoles, 11 de mayo de 2011

Deitado frente ó mar...



Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...


Celso Emilio Ferreiro 






miércoles, 13 de abril de 2011

O poema é unha pedrada na cabeza.

Por iso lles recomendamos aos leitores
que usen casco.



 Ronseitz(colectivo poetico)
Unicornio de cenorias que cabalgas os sabados

domingo, 10 de abril de 2011

Lo que vi en el agua



Para los que no conozcais a Frida Khalo,aqui os dejo una de sus obras llamada "Lo que vi en el agua".
Es una de las menos hard pero a mi me encanta(no vamos a ofender la vista de nadie ahora).Es tan simple que a mi nunca se me hubiese ocurrido plantearla de esa forma y eso que,mis grandes ideas surgen en la ducha.Frida es una mujer que merece que la conozcan.Tiene una gran historia que mostrar al mundo.Y una obra digna de apreciar.
Toda ella podria resumirse en una frase :¡Pasion por la vida!Pero,como yo no estoy para resumir,aqui teneis su web oficial: http://www.fkahlo.com/# donde podeis enteraros un poquillo mejor.


P.D.Tambien hay una peli del año 2002 muy muy interesante (que os recomiendo) sobre su vida.
P.D.S.S Ala,ahi os quedais que hoy he actualizado dos veces...a quejarse a Cangas.

Roupa interior


 Faísca
negra
danza.
¿Braga,
slip
ou tanga?.
Alá van
as pupilas
en avalancha
.



Vicente Araugas ,O gato branco



miércoles, 6 de abril de 2011

Un poema de amor (VI)

DOMINGO-25



Teño un pé vendado
e as cousas veñen mal dadas.
Isto é todo o que escribín
non maldito folio en branco.
Non me fago gracia.
Rompo a folla
E o lapis.
Doume unha ducha.
Penso en Ela.
Hai humidade
no teito do baño.


Kiko Neves

lunes, 4 de abril de 2011





Decidin comezar a leer en galego,entre outras cousas,por que Manuel Rivas é unha pasada.Preparate literatura,que ala vou eu!

viernes, 18 de marzo de 2011

Un poema de amor (V)

SÁBADO-24



Merquei queixo e pan,
cervexas e café.
Un xornal, un par de libros.
Parei nun bar.
Café e cervexas.
Topeime con Fran e con X.abier.
Seguín bebendo.
Presentáronme a Ana.
Hola, que tal.
Bebimos máis.
Fíxose tarde.
Perdín o queixo e o pan,
as cervexas e o café,
o xornal e os libros.
Perdinme de Xabier, de Fran
e de Ana.
Torcín un nocelo.
Topeime con Ela.

Que fas.
Estou perdido.
Doeme un pé.
Riuse e marchou.
Ía con alguén.
Cheguei ao piso
Perdera as chaves.


Kiko Neves

domingo, 13 de marzo de 2011

Un poema de amor (IV)

 VENRES-23, tarde



Chamei a casa
dos seus pais.
Dixéronme que saíra,
que que nos pasara,
que me pasara a comer,
que parece mentira,
que veña ven comer e falamos,
que a foi buscar un rapaz...
Colguei.



Kiko Neves

Busca sin ser visto...