domingo, 30 de enero de 2011

Un poema de amor (II)

MARTES-20

Aínda non volveu.
Pasaron dous días.
Onte coñecín a unha tal Carla.
Agora está durmindo
no meu lado da cama.
É cedo.
Erguinme para volver
ao poema.
A mesa, o folio en branco,
a parede, o lapis,
as unllas,
e todo iso.
Bos días, que fas.
Espertou.
Non respondín.
Bocexa, tuse,
achégase a min
e mira
unha foto.
Quen é esta.
Calo.
O silencio moléstalle.
Que pasa, mira para min,
non dis
nada.
Si, tes que marchar.
Moi ben.
E chamoume algo.


Kiko Neves

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...