VENRES-23, mañá
Levo catro días sen saír.
Non chama.
Non teño o poema.
Nin pilas para o mando
do televisor.
Teño que erguerme a cada intre.
Dóeme a cabeza.
Aínda hai cervexa no
frigorífico. E olivas. E tabaco.
E máis unha desorde xeral
da festa que fixen onte
á noite.
Sen Ela.
Kiko Neves
No hay comentarios:
Publicar un comentario