A morte é como un árbol
sementado con ún,e que nos nasce
ao tempo que nascemos,coa primeira
bágoa nosa nos ollos.
Un árbol que nos nasce á man esquerda
dun camiño longuísimo na noite.
Cando eu morra veréino,estóu seguro;
un árbol só,un árbol desfollado,
diante de min rubindo cara o ceo
coma unhas maus en rezo
ao fondo dunha chaira.
Un árbol só,un árbol
espido diante a noite,
medrando,irá medrando,irá medrando
até ateigarme os ollos de formigas.
Celso Emilio Ferreiro,Longa noite de pedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario