sábado, 29 de octubre de 2011

¿Que teñen que ver o Entroido e o Teatro?

En Atenas no ano 534 a.C ,Trigistatoegel quere que veña maís xente as festas Dionisiacas que se celebran na sua cidade en honor a Dioniso,o deus da agricultura e do viño,na que se celebra o cambio de estación,enton dille a Tespis que invente algo. Él ten a idea de engadir aos sacrificios doce homes  que bailan e cantan ao redor do altar con mascaras e cornos de cabra; polo cal o pobo chamaraos "traxedias":que ven do grego "tragos" que significa cornos de cabra e"odas" que quere dicir himnos.Tespis quixo enfrontarse ao coro entons ocurreuselle a idea de trasladar as desgrazas do día a día ao que se lle denominaría "teatro". El foi o primeiro actor,chamado "hipocrita",que ven de "hipo" que significa mascara, e de "crites" que significa responder.Fai ou papel de deus ou heroe en contraposición co coro,que ten o papel de pobo.Ao publico gustaballe porque representaba o que sentían día a día.O rei estaba moi contento coa iniciativa enton mandou recoller as mellores historias escritas polos poetas e representalas;co que se logrou maior interese nas demais cidades.Naceu a traxedia grega.
A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" facendo referencia á preparación da primavera e do rexurdimento da vexetación como as festas Dionisiacas en Grecia.
Hai varias etimoloxías coma:”carnelevare” que significa “abandoar a carne”,outra maís popular “carnevale” que significa “carne vale” e outra sen fundamento “carrus navalis” que é unha carroza que sairía nesa época.
A  fins do século XX comezase a sospeitar a orixe pagá do nome:Carna é a deusa celta das fabas e do touciño.Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas,
dedicadas ao deus Karna .Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.
En  Galicia aínda se manteñen antigas festas pagas disfrazadas baixo festas de carnaval grazas a cristianización.Estes ao chegar mantiveron a tradición engadindo so novos significados como “todo o vale” durante o carnaval  pero logo toca agantar nos días de cuaresma.
Algunhas das tradicións maís destacabeis son os Cigarróns de Verín, que son personaxes enmarcarados e adornados,as Pantallas que amolan ós viandantes coas vexigas cheas de aire,os distintos Peliqueiros,coma en Laza, personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres.
Estes últimos poderían respostar a pregunta que nos atañe.Os Peliqueiros son moi semellanstes aos personaxes do coro que participaban nos rituais Dionisiacos e logo nas traxedias gregas,levan mascaras ambolosdous pero tamen existe unha relación coas festa Lupercais xa que as mascaras levan debuxos de lobos,raposos e cans.
En definitiva,o teatro eo carnaval están interconectados xa que, por diferentes influencias, durante un periodo longo de tempo,seguense celebrando os mesmos rituais e case cos mesmos significados.

ComoPezEnElAgua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...