martes, 29 de noviembre de 2011

epístola aos xerarcas_

"No  a las post vida,ni en cielo ni en infierno.No a que me absorba cualquier divinidad."
J.M Fonollosa


diríxome ás vosas excelencias
para tramitar o exilio político
desta alma miña
que só vostedes din coñecer

se non aceptan
esta solicitude cultural de apostasía
saiban que me decato
do moito que lles custa evitar
inspirar o meu materialismo histérico
(mil apóstatas tentárono
roubando reliquias
tronzando liturxias
defecando nos púlpitos...)

o caso é que xa non me resta 
nin sequera unha dúbida
que una a natureza creadora
coas organizacións relixiosas

non nego o seu poder:
eu tamén o padezo

o que pasa é que prefiro
calquera congostra herética
antes que a súa fe dourada en sangue

así o sinto,así o penso:
volvinme un demo

non quero que conten comigo
nin para o próximo circo
nin para a nova matanza
do vello cordeiro

non quero que me inclúan 
nos seus números mansos
non quero que no meu nome
ceben o seu poder

por iso,altísimos censores
-adoradores da tremoia invisíbel-
agardo a súa resposta
a estas páxinas ceibas
como anacos de inferno...
fagan o favor de darme a excomuñón
para non ter que montar estes cristos!

Óliver Escobar,Apostasía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...