domingo, 6 de noviembre de 2011

A pedra

Pídeme fillos,loba,
para atalos
ao longo atardecer da túa morte
interminável.
Pídeme fillos
pra o crime
da túa espada sempre victoriosa.
Dame en troques silencio,
dame cárcel
e medo.
Escuréceme o tempo,
impúdica candonga que te deches
á lúbrica paixón dos poderosos.
Pídeme fillos
brazos,
pernas,
ollos.
Amoléceme,
esmágame,
trípame.
Fai de min un escravo,
unha cousa que chore cinza.

Mais o meu corazón
non será nunca teu,
rameira sanguiñenta
vendida ao ouro
dos que mandan.


Celso Emilio Ferreiro,Longa noite de pedra



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...