sábado, 5 de noviembre de 2011

-Xulia,vai coller algunhas galletas.Xa sabes,as que lle gustan ao teu pai para mollar no leite.
-As recheas de chocolate?
-Si oh,estou na charcutería.
Xulia recorre todos os corredores ata chegar a onde quería.Entra é,de súpeto,aparece un cartel:CHAN MOLLADO.
-Que ben,so faltaba que esbarase e rompese unha perna un dia antes de marchar da casa,perfecto.-pensou engurrando o nariz cun xesto de desagrado.
Non facia falla nin que o disexe:cachapun¡Caeu de costas perdendo o coñecemento entre as torradas e as magdalenas.
-Ouch,que dano nas costas.-ergueuse dolorida e camiñou ata as tan anxiadas galletas,iso si,volveu polo outro lado.
Ó dia seguinte,todo era un caos:as despedidas,as cousas esquecidas,os consellos,os papeleos…Pero Xulia,estaba contenta.Ela e máis Gael,conseguirano.Mudarianse a un pequeno piso ,no segundo andar,de Santiago.Ali,ambolos dous poderían estudar e…vivir!
El conducía o coche,era un bo dia.Pasaran catro anos e, as cousas, non ian ben.O hospital xa estaba preto.Pouco faltaba para saber o que xa sabía. Sería o seu fin.
Todo comezou un dia de festa,un sábado.Volvia soa a casa,Gael quedara estudando na casa por que tiña exames.Alguen a seguía dende que saira do bar,nembargantes,non se dera conta.O home, atacouna por atrás a arrastrouna ata unhas obras.Non tiña escapatoria.
E ali estaba ela hoxe,mirando cos seus propios ollos as provas que certificaban o feito:estaba embarazada.O seu  mozo puso cara de asco e berroulle:furfia,puxechesme os cornos con outro!
Xulia non daba crédito ao que oía.Ao pouco tempo,estaba soa, no pequeño piso de alquiler e embarazada.O seu mozo deixaraa ,a sua familia avergoñábase dela e os seus amigos tiñan mellores cousas que facer.
As facturas medraban ao ritmo do seu ventre.Non tiña cartos e non atopaba ningún traballo que puidese compaxinar cos estudos.
-Este é o meu fin-.pensaba mentres ollaba o xornal.
Moito tempo despois ,Xulia,esperaba a Manuel a que saíse da escola.
-Xa é todo un homiño.-pensaba mentres o veu correr onda o coche.
De camiño a casa,mentres el lle contaba o que fixera na clase,ela,recordou.Recordou o pasado.Cando comezaron as nauseas do embarazo,o duro traballo de limpiadora,as longas esperas no hospital,as burlas dos seus compañeiros de clase,a impotencia…todo iso esfumarase.Todo.Logrou sair adiante soa.Polo seu fillo.Por Manuel.
-Mama,estas ben?
-Qué?Si,fillo,si.Hoxe temos lentellas e fideos para comer.Apeteceche?
-Joo,eu quería pizza,mamaaa…
-A calar!Cómese o que eu diga.
-Hoxe teño clase de fútbol as sete e media.Vira buscarme o pai de Antón.
-Ben,non esquezas facer as tuas tarefas antes.
-Non tes que repetirmo cada dia,mama,eu ben sei o que teño que facer eo que non.Xa son grande dabondo!
-Seino,seino…e que,os nenos de hoxe en dia,sodes tan diferentes os da miña época…
De supeto,unha voz irrumpeu na mente de Xulia ,evadíndoa de todo o que a rodeaba.
-Esperta Xulia,esperta…-berraba a sua nai sacudindoa polos ombros con violencia.
Ela espertou cunha dor terrible na cabeza e as costas magulladas.Un corro de xente estaba ao seu redor,que vergoña,esbarara no chan.
-¿Canto tempo levo asi?
-Non sei,miña filla,estas ben?Xa chamamos a ambulancia..estan ao chegar.Doeche algo fatiña?Responde,anda..
-Non mama,so xaqueca e as costas…estou ben…onde esta Manuel?E ti,que fas aquí?Fai anos que nin nos vemos sequera…
-Quen é Manuel e que dis sobre..?,miña raiña,levaches un bo golpe,da que sí!
-Que dis…non entendo nada…nada do que pasou foi real..?
Os do 061 entraron correndo no supermercado buscando a acidentada no corredor das galletas.

ComoPezEnElAgua

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...