martes, 20 de diciembre de 2011

Ano 325:receita para fermentar unha ortodoxia

póñase nun caldeiro romano
ao lume manso dos séculos...

Mestura Base:

un monllo de imaxinarios doutras relixións
calendas e costumes de populares ritos pagáns
a deificación dun místico da tribo de David
catro evanxeos escollidos e entronizados
un escenario propicio ao cumprimento das profecías
unha versión malversada dunha evolución
un politburó dedicado a reunificar un imperio
unha amalgama de estrategas do marketing

Núcleo duro:

unha organización cunha misión suprema: permanecer
unha morea de tentáculos que reproduzcan o esquema 
unha aplicación implacábel do principio xerárquico
unha doutrina do control social destinada á replicación
unha abondosa ración de psicoloxía de masas
un brazo armado poderoso e sanguento
unha matriz social potentísima: o patriarcado

Salpementar todo con:
hipocrisía en po
xarope de pau
e un chisco de mala hostia

Remexer sen acougo
repetindo os salmos da intolerancia
Servir delegando no ceo e cuspindo sobre a terra
Convencer o consumidor de que todo se fai polo seu propio ben


Óliver Escobar,Apostasía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...