martes, 6 de diciembre de 2011

O pecado de Onán

"En la noche dichosa
en secreto,que nadie me veía
ni yo miraba cosa,
sin otra luz y guía,
sino la que en el corazón ardía"

San Juan de la Cruz

"Se o mestre vos angustia
Pedídelle consello á Grande Natureza"

F.Hölderlin



desde os cinco anos
un espírito indefiníbel
-mais sen dúbida divino-
pousouse na miña mao
para levala á entreperna

foi tan marabilloso
como calquera resurreción

 ao día seguinte 
comezou a miña vida consciente

agora penso 
que a fe en min mermo
débolla máis  a esas liturxias
de amor propio infantil
que a todos aqueles dogmas
en forma de vara sotánica

para min
eses diálogos coa divindade
nunca eran incompatíbeis
co de ler na misa os domingos
ou cosas horas de catequese
nas que comecei a dubidar 
se me gustaban as nenas ou os nenos

éramos moi pequenos...
pero xa sabíamos rirnos por dentro
entender máis do que nos dicían
e darlles a razón como aos tolos
ou comprender a súa frustración
e pararlle os pés ao confesor
cando se poñía morboso

recordo aqueles anos como unha loita
da que pouco ou nada sabíamos

@s nen@s son visionari@s
o resto...
aprendices de telescopio
desde entón
en adoración do meu neno
encántame honrrar
a Onán
todas as noites.

Óliver Escobar,Apostasía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...