"Neno,no Deus da infancia
que soubo encantar a túa inocencia"
Mallarmé
encantábanos o Domingo de Ramos
era como se o bosque entrara na igrexa
como se unha selva nacera da pedra
para agochar as nosas miradas cómplices
entre as nenas era un tema
de pamelas
ou feitiñas pólas
mais entre os nenos era outra cousa:
se Nazairo levaba un ramallo de dous metros
o Trospi aparecía cunha árbore
tratábase de exhibir sen pudor
o ego varón de cada quen
Óliver Escobar,Apostasía
No hay comentarios:
Publicar un comentario