jueves, 8 de diciembre de 2011

Cristo alucinado

"Había terra neles e cavaban"
Paul Celan

coñécemolo no Mundo Celta de Ortigueira

gustáballe falar miudiño
administraba as palabras
con esa precisión de reloxo
dos que fan de cada verba
un agasallo inesquecíbel

sentados en círculo
ensinounos a fumar da terra
e escoitar as linguaxes
dos nosos elementos
a observar o firmamento até vernos 
somos po de estrelas,dicía

chamábase Christopher
e nacera en Thunder Bay
mudou de vida despois dun Woodstock
onde mantivo un diálogo de cinco días
cun cristo alucinado

desde entón botouse ao camiño
cunha soa idea:falar coa xente
cremos que deu cinco voltas ao mundo
mais non as contaba:sempre vivín no mesmo lugar,dicía
e aseguraba ter pasado por Macondo

hai tres días que morreu
centenario
como un carballo andante

semellaba que no seu corpo
a vellez e a infancia
estaban a tocarse
coas puntas dos dedos

un círculo fabuloso:a vida
unha odisea única:agora

as persoas viven para sempre na memoria
o olvido é o asasino da eternidade,dicías

así que velaquí estás,Cristopher,
como che prometín
ao terceiro día
resucitado.

Óliver Escobar,Apostasía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Busca sin ser visto...